 
A medida, proposta pola eurodeputada Marianne Mikko, pretende aumentar a credibilidade dos contidos da rede.
 
											A Unión Europea está a estudar a posibilidade de que os blogueiros teñan que facilitar a súa identidade, os seus intereses sociopolíticos e a súa responsabilidade social mediante unha "etiquetaxe voluntaria". Así o resolveu a Comisión de Cultura o 3 de xuño, de cara ao Informe sobre a concentración e o pluralismo dos medios na UE, que se debaterá no Parlamento Europeo en setembro.
O informe, presentado pola eurodeputada estoniana Marianne Mikko, pretende evitar a intoxicación na rede e ofrecerlles seguridade aos usuarios fronte ao exceso de información, creando un efecto de confianza mediante a inscrición voluntaria nun censo. Nun principio, a medida será unha recomendación e non unha directiva, aínda que a Unión Europea pretende amosar a súa preocupación polos problemas de ética e intimidade por riba da liberdade creativa de contidos.
O feito de que o censo sexa voluntario e non obrigatorio pode darlle máis opcións de saír adiante. Porén, os blogueiros xa comezaron a amosar o seu rexeitamento á posíbel creación desa listaxe, que Italia xa tentara impoñer recentemente.
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto