 
 
Vicepresidencia láiase de que na altura do mes de xuño, o executivo español teima en aprazar o envío dos cartos.
A posición do Estado deixa "nunha situación de incerteza" a Galiza, que coa débeda de 40 millóns de euros na que teima o goberno español "non dá pagado para cubrir unhas prestacións que xa se puxeron en marcha", laiábase este martes Bieito Seara, director xeral de Acción Social. 
  
  Seara, que acudiu á xuntanza da comisión delegada do Consello Territorial da Dependencia, celebrada en Madrid, queixouse da falta de resposta do goberno español, desde onde de momento adían a negociación sobre a transferencia pendente ao mércores da semana que vén.   
  
  A reunión serviu tamén para que a Xunta lle trasladase a Madrid a necesidade de que se unifiquen os criterios á hora de presentar os datos sobre o número de solicitudes presentadas aos servizos de dependencia, as valoracións realizadas e as propostas individuais aceptadas. O Goberno considera que en Galiza existe maior rigor neste proceso e advirte dos posíbeis desfases que están acontecendo noutros lugares. Do mesmo xeito, Vicepresidencia tamén subliñou que cara ao futuro deben manterse criterios similares á hora de repartir os fondos, priorizando aqueles que inflúen no custo dos servizos, como é no caso galego a dispersión da poboación.
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto