 
Funcionará como instrumento xurídico de coordinación e acción conxunta.
A constitución desta federación coincide coa celebración do 25 aniversario do Galeusca, un encontro anual creado para estabelecer relacións entre os creadores literarios en galego, éuscaro e catalán. 
  
  O acto oficial de creación da Federación Galeusca celebrouse este domingo na localidade de Poblet, en Tarragona, coa participación das asociacións de escritores galegos, vascos e cataláns. En representación de Galiza asistiron o presidente da Asociación de Escritores en Lingua Galega, Cesáreo Sánchez Iglesias e a secretaria xeral, Mercedes Queixas.   
  
  Os obxectivos: fomentar as respectivas linguas, axudar á investigación e formación dos membros a través da organización de congresos, seminarios e outras actividades, realizar estudos e traballos de divulgación sobre temas diversos e coordinar accións para lograr "maior eficacia na defensa dos dereitos profesionais" dos escritores.
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto