 
 
Segundo publica este luns 'Der Spiegel', Nicolás Sarkozy comunicoullo a semana pasada a Angela Merkel nunha xuntanza bilateral.
Na xuntanza que mantiveron en Straubing (Bavaria) a semana pasada Nicolás Sarkozy e Angela Merkel, o presidente francés comunicoulle á chanceleresa alemá que Francia impulsará a creación dunha unidade naval de combate europea a partir do 1 de xullo, data en que o país asume a Presidencia de quenda da UE.
 
  Segundo informa este luns o semanario alemán Der Spiegel, os mandatarios de ambos os dous estados abordaron diversas cuestións relacionadas coa seguridade, entre estas, a achega de Alemaña a este novo grupo, que incluirá fragatas e unidades de loxística.   
Ademais, Sarkozy propuxo que sexa o Reino Unido o que facilite un portaavións, xa que o prestixioso buque francés Charles de Gaulle está continuamente fóra de servizo para ser reparado. O presuposto destinado ao Exército francés, segundo Der Spiegel, vai ser reducido; non será deica 2012 que Sarkozy estude a posíbel construción dun segundo portaavións. 
  
Redución da presenza militar en África 
Neste senso, o presidente galo confesoulle a Merkel que pretende reducir os efectivos en 35 mil persoas, até alcanzar os 220 mil soldados, así como diminuír a presenza das forzas francesas en África. Ademais, vaise pospoñer a construción de novos submarinos nucleares. 
Por outra banda, tamén está previsto que os 100 mil a Xendarmería francesa (corpo militar similar á Garda Civil española), actualmente baixo control do Ministerio de Defensa pasen a depender do de Interior.
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto