 
 
Táboas e Quintana presentaron esta cuarta feira o Plan Sectorial de Solo Residencial, que prevé xerar ademais 5.200 millóns de euros e 300 mil empregos.
En Galiza construíranse un total de 45 mil vivendas protexidas até 2017, as dúas terceiras partes (30.500) nos vindeiros catro anos, segundo o Plan Sectorial de Solo Residencial, presentado esta cuarta feira en Compostela pola conselleira de Vivenda, Teresa Táboas, e mais polo vicepresidente do Goberno, Anxo Quintana.
  Ademais, a súa posta en práctica suporá a creación de 300 mil postos de traballo e a xeración dun volume de negocio de 5.200 millóns de euros. O proxecto, que esta previsto que o Consello da Xunta aprobe no primeiro trimestre de 2009, ten entre os seus obxectivos "atender ás necesidades actuais e urxentes" do país neste eido. 
O Goberno vai reservar 8,7 millóns de metros cadrados para a construción das 45 mil novas vivendas, algo que segundo Quintana "non é unha medida illada", senón que se complementa co Plan de medidas urxentes de vivenda e solo, coas Normas do Hábitat e "cun esforzo importante en materia de aluguer". 
  
Facilitar o acceso aos sectores máis débiles 
O estudo previo a este plan, explicou Táboas, evidencia un boom do ladrillo, orixinado pola compra de segundas vivendas, que impulsou o prezo dos inmóbeis e, paralelamente, repercutiu no custo da primeira casa, "dificultando" o acceso a esta dos sectores máis febles.   
As planificacións municipais non foron quen de contrarrestar este incremento especulativo, recolle o estudo: "só 22 concellos dos 315" adaptaron o seu plan á Lei do Solo de 2002, que estabelece unha reserva do 20% de vivenda protexida. 
Entre os criterios para a selección do solo están o prezo do chan, os procesos de renovación urbana, a accesibilidade e a mobilidade, así como o de integración na trama urbana, é dicir, "non deixar illadas estas vivendas dos núcleos urbanos", recalcou Teresa Táboas.
 
						 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto