 
O libro cadra co 40 aniversario da implantación dos estudos de galego e portugués na UB a cargo de Basilio Losada.
 
											Na presentación participan Helena González (coeditora con María Xesús Lama deste volume), Burghard Baltrusch, actual presidente da AIEG (Asociación Internacional de Estudos Galegos), e unha representación institucional. As actas, de carácter interdisciplinar, publícanse nun soporte mixto, libro e DVD, e xiran arredor de dous temas: “Mulleres en Galicia” e “Galicia e os outros pobos da Península”, así como as intervencións na homenaxe a Xoán González-Millán. No libro publícanse as conferencias plenarias, e nel colaboran, entre outros, Pilar Cagiao, Arturo Casas, Víctor Freixanes, Beatriz Suárez Briones, Camiño Noia, María Ruido, Giuseppe Tavani e Ramón Villares. No DVD recóllense arredor de un cento de comunicacións. Co fin de favorecer a divulgación da produción científica desenvolvida no eido dos estudos galegos, máis adiante as comunicacións van estar dispoñibles na web da AIEG.   
  
  En 2003 celebrouse o VII Congreso Internacional de Estudos Galegos coorganizado pola AIEG, e Filologies Gallega e Portuguesa da Universitat de Barcelona, que significou unha apertura a novas áreas temáticas e contou cunha nutrida asistencia de especialistas do ámbito catalán e das universidades galegas, europeas e americanas. Despois do congreso celebrado en Bahia (Brasil), a AIEG prepara o IX Congreso, que terá lugar na Coruña, Compostela e Vigo o ano vindeiro. 
  
  Actas do VII Congreso Internacional de Estudos Galegos. Mulleres en Galicia. Galicia e os outros pobos da Península. Barcelona 28 ó 31 de maio de 2003 
  
  Ed. de Helena González e María Xesús Lama. Sada-A Coruña: Ediciós do Castro / Asociación Internacional de Estudos Galegos / Filoloxía Galega (Universitat de Barcelona), 2007 
  
  Libro 115 páxinas + DVD 1275 páxinas 
  
  Para máis información e descarga dos índices, consulta a web de Filologies Gallega i Portuguesa na UB.
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto