 
O Conselho da AGAL fixo públicos os ditames das comisións lingüística e xurídica da institución sobre o nome do noso país.
"Neste momento en que certo filibusterismo mediático xoga á confusión", o Conselho da Associaçom Galega da Língua (AGAL) acaba de facer públicos os ditames das  comisións lingüística e xurídica da institución sobre o nome do noso país. 
A resolución, que pode ser consultada integramente na web de AGAL, determina -como xa o fixo "de forma inequívoca" con anterioridade- que "o único nome xenuinamente galego para o noso país é Galiza".  
  Os argumentos dados pola institución baséanse en textos históricos e actuais dende un aspecto filolóxico e legal. Logo dunha minuciosa análise documentada, e tendo en conta a primeira das conclusións, consideran que tamén Galiza é o termo xuridicamente válido, de conformidade coa Lei de Normalización Lingüística, que estabelece o uso da toponimia galega en galego.
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto