 
Será entre o 19 e o 22 de xuño. O equipo galego será o único representantes estatal entre as 16 formacións que participan. Polo medio: o Tourmalet.
O equipo ciclista profesional galego desprázase a Francia para disputar, entre o 19 e o 22 de xuño, a Ruta do Sur. Ademais, vai como único equipo do Estado Español, destacando entre 16 formacións que toman a saída na rolda gala.
Polo Karpin ha estar Gustavo César Veloso de líder, acompañado de David Abal, Carlos Castaño, Iban Mayoz, Alberto Fernández, Serafín Martínez, Alejandro Paleo e Ramón Troncoso. A dirección do KGZ tómaa desta vez Xosé Anxo Vidal.
A volta de Veloso
Gustavo C. Veloso volve á competición após gañar, na última etapa e de maneira xenial, a Volta a Cataluña. Este é un dos seus últimos obxectivos, xunto aos campionatos estatais, antes de planificar a 'Vuelta a España'.
O ciclista do Karpin Galicia declarou que espera que esta competición lle permita adquirir unha boa posta a punto "sobre todo para o campionato (estatal) de contrarreloxo, porque o de fondo nunca sabes ben como se pode desenvolver". 
A rolda
A proba vai resultar esixente, con tres etapas na distancia dos douscentos quilómetros, a correspondente ao terceiro día de competición cun porto como o Tourmalet no percorrido, e o de Superbagneres, que acolle a meta no seu cumio; ademais da cronoescalada do terceiro día. As etapas son: Lusignan Petit-Boulogne Sur Gesse, de 206,0 quilómetros; Pierrefitte Nestalas-Cauterets Cambasque Cronoescalada, de 16,9 quilómetros; Pierrefitte Nestalas-Luchon Superbagneres, de 180,6 quilómetros; e Saint Gaudens-Castres, de 207,1 quilómetros.
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto