 
O número de aspirantes á canción do verán galega achegarase a 50 esta fin de semana. Unha das novas é a de Chupadeskay:
 
											Mascota do grupo
A Polo Ghit 08 segue adiante, camiño de bater a marca de participantes estabelecida o ano pasado, cando 52 temas competiron por ser a canción galega do verán 2007. Este sábado sumaranse, cando menos, outros dez aos 35 que xa aspiran aos premios desta terceira edición... e aínda falta un mes para pechar o prazo de recepción.
Facemos un pequeno adianto do que se poderá escoitar, comentar e votar dende esta fin de semana. Desta volta, escollemos a achega dun grupo que se converteu nunha das revelacións do verán pasado: Chupadeskay. Agora, este proxecto con base nos Ánxeles (Brión), fiel ao seu estilo, preséntanos Pagho eu, unha homenaxe ás festas populares.
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto