 
 
Expulsan o voceiro do PPdeG da Comisión parlamentaria de Pesca por "vir montar lea", segundo o seu presidente, Pose Mesura.
"Chega un momento en que cando hai un desafío, non se pode consentir". O presidente da Comisión parlamentaria de Pesca e Marisqueo, Modesto Pose Mesura, deixou o seu segundo apelido por uns intres fóra da Cámara e mandou a ese mesmo sitio ao portavoz popular, Xosé Manuel Balseiro. 
  Ben é certo que até en dúas ocasións Pose chamou á orde ao do PPdeG, por falar sen estar no uso da palabra, interrompendo a intervención do director xeral de Estruturas e Mercados da Pesca, Xosé Manuel López, que disertaba sobre a crise no sector pesqueiro. 
Xunto con Balseiro, último expulsado da 'clase' nesta fin de curso (político, enténdese), marcharon o resto de deputados populares presentes na comisión. Ficaron os de PSdeG e BNG, que coincidiron en cualificar a actitude do díscolo Balseiro de "estratexia", "provocación" e cunha "intención política descarada". Pose, simplemente, dixo que viñera "montar lea".
 
						 
						 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto