 
Un grupo de suecos dedicados ó deseño desenvolveu un programa informático que permite debuxar a man alzada un bosquexo do moble desexado e que este se imprima despois nunha impresora 3D.
 
											O Sketch Furniture
Co Sketch Furniture os trazos dos mobles realízanse mediante un lapis óptico e logo son recoñecidos polo ordenador mediante a tecnoloxía Motion Capture, que se adoita usar tamén nos estudios de animación.
 
 Despois un programa de software convirte o deseño trazado nun deseño en tres dimensión e envíao a unha impresora de "Rapid Prototyping" ou "fabbing". 
 
 O láser desta máquina será o que vai creando as distintas capas do obxecto deseñado e, posteriormente, fabrícao en diferentes materias, nomeadamente, en plástico.Así pois, a través deste sistema, calquera persoa poderá facer os deseños que mellor se adapten ós seus gustos ou á súa decoración.
 
 FWWWRANDO
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto