 
 
"Deixémonos de pelexas e coloquemos dunha vez a pelota no tellado de Zapatero", pide o vicepresidente da Xunta.
Coa decisión anunciada este mércores o vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana, di querer axudar a "fixar unha posición firme e de país", facilitando a creación da subcomisión de infraestruturas. Deste xeito, Quintana renuncia a presidir a subcomisión e convida a liderar este instrumento á conselleira de Política Territorial, María Xosé Caride.   
  
  Deste xeito, Quintana pretende eliminar as susceptibilidades polos "protagonismos" xurdidas despois de que o BNG trasladase a Galiza unha iniciativa que continuaba a proposta realizada en Madrid no Congreso e rexeitada polo PSOE. O líder dos nacionalistas considera que con este xesto se poderían eliminar os obstáculos postos polo PSdeG, que presentara a súa propia iniciativa parlamentaria, fundamentada no liderado da conselleira fronte á negociación co goberno español.   
  
  Con todo, Quintana subliña que a tarefa desta comisión na súa primeira xuntanza cos representantes do executivo estatal debe ser "pedir que se ratifiquen os prazos e investimentos" comprometidos para a alta velocidade ferroviaria. Así, e no caso de que o goberno español confirme que o TAV non chegará a Galiza en 2012, desa xuntanza deberan saír "prazos e orzamentos" para a nova data que se fixe. Por outro lado, o vicepresidente sinalou tamén a súa vontade favorábel á participación do PPdeG nesta comisión, "sexa de forma directa ou indirecta".
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto