 
 
Defende que se amplíen de 350 a 400 o número de escanos para contar cunha "circunscrición electoral de restos".
 
											Almudena García, coordinadora comarcal da Coruña
Esquerda Unida (EU-IU) anunciou esta quinta feira na Coruña que levará a cabo unha campaña de recollida de sinaturas en todo o Estado para modificar a actual Lei Electoral española baseada na circunscrición provincial.   
A responsábel da campaña de recollida de sinaturas, Presentación Urán, afirmou que o actual sistema electoral é "inxusto, discriminatorio e limita o pluralismo democrático" que existe dentro da sociedade española. 
Ante a actual fórmula que "beneficia o bipartidismo", propoñen un novo sistema baseado na "circunscrición electoral de restos". Un método que segundo Almudena García, coordinadora comarcal da Coruña de EU-IU, "permitiría que a xente non renunciase á súa ideoloxía á hora de acudir ás urnas". 
  
50 escanos máis 
O novo sistema suporía ampliar de 350 a 400 o número de escanos, tal e como permite a Constitución española. Deste xeito crearíase, cos 50 novos escanos, unha circunscrición de restos onde computen o conxunto de votos emitidos a nivel estatal que non foron utilizados para a asignación de escanos nas diferentes circunscricións provinciais. 
A medida, segundo os cálculos dados a coñecer por Presentación Urán, "só prexudicaría os grandes partidos", mentres que o resto de forzas políticas manterían os mesmos deputados, a excepción de IU que pasaría de dous a catorce.
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto