 
Snatch, Hevel e Rayel, Alféizar, Balakandra, Pasqual Rumblers, Gheada, Royalties, T. V., Megaloves e Ola Nube Kinton & Oxo Band súmanse ao concurso.
 
											Unha vez superado o récord de participantes en A Polo Ghit, esta fin de semana engadimos dez temas máis que aspiran a se converteren na canción galega do verán e a ir a Laponia representando o noso país e a nosa lingua.
Como é habitual, as cancións caracterízanse pola variedade de estilos, polo que as votacións estarán moi disputadas entre a xente partidaria duns e doutros xéneros. E aínda queda unha semana e media para que as bandas e solistas do país participen!
Na web xa están penduradas as dez novas cancións dos grupos Snatch, Hevel e Rayel, Alféizar, Balakandra, Pasqual Rumblers, Gheada, Royalties, T. V., Megaloves e Ola Nube Kinton & Oxo Band.
Sorte e a polo Ghit!
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto