 
 
Non se fixo público aínda o nome dos implicados que, no sector da distribución e comercio de cereais, serían acusados da formación dun cártel empresarial.
"Hai motivos para crer que as empresas afectadas puideron vulnerar as regras do tratado sobre cárteles e prácticas comerciais restritivas", explicaba este xoves a Comisión Europea nun comunicado oficial.   
  
  Facíase pública así a existencia de inspeccións sorpresa nas oficinas de diversas empresas comercializadoras e distribuidoras de cereais e outros produtos agrícolas. Presuntamente, as empresas implicadas terían chegado a acordos ilegais para beneficiárense mutuamente, pactando prezos e realizando os movementos necesarios para repartírense a cota de mercado e botar fóra a competencia.
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto