 
 
"Para o nacionalismo lingüístico español a lingua castelá é superior, cómoda, fácil e útil, virtudes todas que son sempre o produto de circunstancias naturais, nunca da imposición e da represión".
O xornal español Público publica este sábado un texto asinado por un grupo de catedráticos e profesores de diversas universidade do Estado onde defenden a idea de que o castelán, lonxe de estar en perigo, mantén tales vantaxes sobre o catalán, o galego e o éuscaro que a súa defensa exacerbada só pode ter un móbil ideolóxico. 
"Para o nacionalismo lingüístico español a lingua castelá é superior, cómoda, fácil e útil, virtudes todas que son sempre o produto de circunstancias naturais, nunca da imposición e da represión", afirman.   
"As linguas dos demais son, pola contra, molestas, arcaicas, antieconómicas e francamente prescindíbeis. Ao tempo que a defensa do castelán se axusta por definición a un pulo democrático, a das restantes linguas responde a espurios e cavernarios intereses marcados por esa felonía que identifica o Manifiesto por la lengua común", consideran. 
Carlos Fernández Liria e Montserrat Galcerán, da UCM, Pedro Ibarra, da UPV, Juan Carlos Moreno Cabrera e Carlos Taibo, da UAM, Arcadi Oliveres, da UAB e Jaime Pastor, da UNED asinan o texto.   
Poden ler o texto orixinal e íntegro na web do xornal.
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto