 
 
O presidente da Xunta confía en que Galiza saia "con máis e mellor financiamento".
"Non é o punto final", comentou Emilio Pérez Touriño sobre a xuntanza este martes no Consello de Política Fiscal e Financeira dos conselleiros de Economía de todo o Estado. Segundo o presidente da Xunta, trátase dun "proceso de diálogo" onde Galiza aspira a saír "con máis e mellor financiamento".   
  
  "Será o punto intermedio nunha negociación e un diálogo imprescindíbel", dixo Touriño. De paso, insistiu en que será un proceso "que se debe estabelecer desde o acordo entre todas as comunidades autónomas do Estado".
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto