 
 
O líder do PPdeG subliña que o avellentamento e a dispersión deben ser criterios "innegociábeis" para o país.
"Galiza parte con desvantaxe por unha irresponsabilidade da Xunta, e máis concretamente do PSOE, porque desde Galiza avalouse e asinouse en branco o Estatuto de Autonomía de Cataluña, que non é o que lle beneficia á inmensa maioría dos españois e non é o que lle interesa a Galiza", analizou este martes o presidente do PPdeG.   
  
  Alberto Núñez Feijoo considera que o PSOE debera sumarse "ao proxecto do PP" e "responderlle ao PSC que está a descompensar o equilibrio entre comunidades". Nese sentido, opinou Feijoo que ao respecto deste debate aparece "máis un problema interno do PSOE que un problema entre comunidades autónomas".   
  
  Por outra parte, o PPdeG coincide na reivindicación avalada por PSdeG e BNG ao respecto da introdución dos criterios de dispersión e avellentamento, "porque en Galiza hai máis mulleres maiores de 65 anos que rapaces de entre 0 e 4 anos", indicou. "Galiza non pode saír do Consello de Política Fiscal e Financeira con menos porcentaxe de financiamento da que entrou", dixo Feijoo.
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto