 
 
O voceiro do grupo parlamentario do BNG, Carlos Aymerich, criticou a posición do goberno español no CPFF.
"Non deben ser admisíbeis este tipo de actitudes e moito menos as ameazas que parece ser que tiveron lugar por parte de Solbes de manter o actual sistema se non se chega a un acordo", reflexionou o voceiro de Economía do BNG no Parlamento, Carlos Aymerich, ao respecto da xuntanza dos conselleiros do ramo este martes en Madrid, no Consello de Política Fiscal e Financeira.   
  
  Para o BNG, esta solución "é impensábel" toda vez que existe unanimidade sobre a ineficacia do sistema actual, "pois é inadecuado e non cobre as necesidades de financiamento que Galiza precisa". O Bloque láiase de que o goberno español non asegurase até o de agora a introdución do avellentamento e a dispersión poboacional como criterios para o cálculo de necesidade de gasto.
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto