 
 
'Sei o que nos figestes... nos últimos 525 anos' conmemora a execución de Pardo de Cela e o comezo da Doma e Castración do Reino de Galiza, rescatando o espírito da desaparecida Va-Ca.
 
											Cando a mocidade galega xa fala maioritariamenta castelán, celebra na rúa as vitorias da selección española de fútbol, ciclistas e modistas asinan manifestos "por la lengua común" e os fillos dos nosos próceres castelanizan os seus nomes para que os entendan no Starbucks, xorde (ou rexorde?) unha nova plataforma cidadá: Sei o que nos figestes... nos últimos 525 anos.
Nun manifesto "cruel e poderoso", como Pardo de Cela, lémbrase que se conmemoran os 525 anos da "doma e castración do Reino de Galiza". Seguindo a liña marcada polos desaparecidos Va-Ca, Ca-Ca, Aduaneiros sem Fronteiras, a Freac ou iniciativas máis recentes como Tan Gallego como el Gazpacho, Sei o que... abre tres anos para conmemorar (e bebemorar) a mitoloxía galeguista en clave pop.
A organización pretende usar as mesmas armas dos colonizadores: a prensa rosa e os programas do corazón, principais axentes españolizadores de hoxe en día, e centralizarase na web Seioque.com. O humor, a parodia, a substitución simbólica e o surrealismo político serán o seu castelo fronte ao pequeno-imperialismo, segundo contan no seu manifesto.
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto