 
 
Á porta do prazo fixado polo Estatut catalán para a concreción sobre o novo sistema de financiamento, o ex presidente catalán asina unha belixerante reflexión sobre a situación actual.
"O futuro do Estatut é un misterio", escribe Pasquall Maragall, "Depende de se falta un membro determinado do Tribunal Constitucional o día que se reúna para debater sobre o tema, se é que se reúne".  
  
  "Un constipado oportuno pode ser decisivo", segue, "Rubalcaba é mestre en solucións: xa o amañará", ironiza o ex presidente da Generalitat, lembrando que o 9 de agosto vence o prazo fixado na disposición adicional primeira do Estatut para concretar as aplicacións dos preceptos do seu Título VI, relacionados co novo sistema de financiamento.    
  
  "Que lonxe queda o federalismo leonés de Zapatero! O que nos uniu a todos os socialistas nos congresos dos primeiros anos do século XXI, tan lonxe que xa me parecen do século pasado ou de hai dous", lamenta Maragall.   
  
  
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto