 
 
Ismael Rego asegura que o agora presidente popular "rozou a corrupción" ao asinar convenios con medios de comunicación antes dos comicios.
O informe do Consello de Contas relativo ao ano 2005 segue dando que falar. Do texto extráese a conclusión de que o entón conselleiro de Política Territorial, Alberto Núñez Feijóo, asinou convenios con tres medos de comunicación por máis de 400.000 euros en plena campaña electoral. Así o vén de subliñar o voceiro do grupo parlamentario socialista, Ismael Rego, quen falou de "irresponsabilidades graves que rozan de preto a corrupción política".
Segundo Rego, o actual presidente do Partido Popular de Galicia asinou estes convenios con Faro de Vigo, La Voz de Galicia e La Región, e – dixo – "todo parece indicar que estes cartos se destinaron a financiar única e exclusivamente a campaña persoal de Feijóo nos comicios electorais. O socialista entende que dos tres medios de comunicación escollidos, un deles ten unha incidencia moi importante na provincia de Pontevedra, circunscrición á que se presentaba como candidato o entón conselleiro.
Os socialistas aseguran que os convenios asinados con medios de comunicación non xustifican axeitadamente a ausencia de concorrencia, polo que non se entende por que se escolleu especificamente eses medios e non outros. Do mesmo xeito, tampouco se precisa o contido das obrigas que deben asumir as entidades asinantes, nin aparece xustificada a cantidade económica aportada pola Xunta.
Ismael Rego esixiu ao presidente do PP que de explicacións por estes feitos e que asuma a súa responsabilidade. Na mesma liña se manifestou   o viceportavoz parlamentario dos socialistas, Xaquín Fernández Leiceaga, quen foi máis alá e pediu a dimisión tanto de Núñez Feijóo, como do actual secretario xeral do PP, Alfonso Rueda.
 
						 
						 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto