 
 
Pilar Rojo, deputada do PpdeG, avalía que as declaracións do conselleiro amosan que "o PSOE unha vez máis é capaz de dicir unha cousa no Parlamento e a contraria fóra".
"Sería intolerábel que os galegos residentes no exterior non puideran votar en urna nas vindeiras eleccións ao Parlamento", criticou Pilar Rojo este luns, para quen a actualidade recente indica que o PSOE "carece de vontade para a reforma do voto emigrante en urna". Rojo láiase do adiamento das reformas necesarias se produza "malia o acordo das tres forzas políticas" con representación parlamentaria.   
  
  "Utilizan o Parlamento para o que lles convén", di Rojo, "fan gala dun dobre discurso e da ambigüidade para converter en papel mollado os acordos que se aproban". A voceira parlamentaria do PP analiza que os socialistas con este tema queren "deixalo pasar", amosando "nula intención" de reformar o sistema "pero tratando de enganar os galegos coas súas manifestacións contraditorias".
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto