 
 
A voceira de Urbanismo do PPdeG, Pilar Rojo, considera que é "unha milagre" que un municipio teña plan xeral e acusa de "colapso permanente" a Consellaría de Política Territorial.
"Estamos a falar de que a media para elaborar un Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) é de 73 meses, máis de seis anos, co cal, cando un concello remata de elaborar o seu plan, este xa está obsoleto", queixouse a voceira parlamentaria do PP en materia de urbanismo. Pilar Rojo criticou a lexislación impulsada polo actual Goberno, asegurando que se deseñaron normas "contraditorias" e "complicadas" e opinando que se lles complicou aos concellos a adaptación dos seus plans á normativa.   
  
  Pilar Rojo atribúelle a tamén a situación á "incompetencia" e as "liortas" do bipartito, subliñando que a día de hoxe só o 8,5% dos concellos teñen arranxado o plan urbanístico. Rojo avalía negativamente as reformas elaboradas nas áreas de Vivenda, Solo, Urbanismo e Medio Ambiente, indicando que "lonxe de solucionar as carencias" terían contribuído a fragmentar e "dispersar" a lexislación previa, complicando a súa aplicación.
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto