 
A entidade convoca a cidadanía un ano máis a unírense ao tributo ás vítimas galegas da represión.
A vixencia que no momento actual teñen os proxectos e ideas de Alexandre Bóveda, co recordo do seu labor humano, intelectual e político, centra os actos que a Fundación Alexandre Bóveda organiza un ano máis.  
  
  Ao tempo, haberá lembranza das consecuencias institucionais para Galiza que tivo o golpe militar naquel momento de recente aprobación en referendo do seu estatuto "e da crueldade con que foron masacrados os galegos e galegas demócratas de diferentes ideoloxías pero de conviccións antifascistas".   
  
  A fundación entrega unha vez máis o Premio Día da Galiza Martir, un recoñecemento pensado para persoas e entidades caracterizadas por seren testemuña viva, por investigar, difundir ou dignificar a memoria histórica e as vítimas da represión franquista. Este 2008, a homenaxe é para María Teresa Alvajar, nada no medio dunha familia republicana que sufriu o exilio en Francia.   
  
  
  O programa:   
  
  • 13:00 h. HOMENAXE INSTITUCIONAL A ALEXANDRE BÓVEDA. 
  No monumento a Alexandre Bóveda na Caeira en Poio. Intervirán: 
  -Anxo Quintana (Vicepresidente da Xunta de Galiza) 
  -Luciano Sobral (Alcalde de Poio) 
  -Fernando Quintela (Presidente da Fundación Alexandre Bóveda) 
  - Xosé Luís Bóveda (Vicepresidente da Fundación A. Bóveda e fillo de A. Bóveda) 
  
  • 14:00 h. XANTAR DE ENTREGA DO III PREMIO DIA DE GALIZA MARTIR Á RECUPERACIÓN DA MEMORIA HISTÓRICA A TERESA ALVAJAR 
  No Pazo de Cultura, Rúa Alexandre Bóveda, Pontevedra. (Información e inscrición no Xantar na bitácora http://galizamartir.blogspot.com/ 
  • 18:30 H. CERIMONIA DE ANIVERSARIO NA CAPELA DE SAN AMARO (PONTEVEDRA) 
  • 19:00 H. ACTO CÍVICO DIANTE DO SARTEGO DE A. BÓVEDA 
  o No Cemiterio de San Amaro (Pontevedra) 
  - Cesareo Sánchez (Presidente da Asociación de Escritores en Lingua Galega) 
  
  • 20:30 H. LEMBRANZA POLÍTICA NO MONUMENTO A A. BÓVEDA 
  Na Praza de Curros Enríquez diante do monumento a Bóveda (Pontevedra) 
  -Bieito Lobeira (Deputado e coordinador do grupo parlamentar do BNG) 
  - Miguel A. Lores (Alcalde de Pontevedra)
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto