 
 
Musharraf adiántase así ao movemento iniciado polos seus rivais políticos para forzar a súa destitución, nove anos despois do golpe co que accedeu ao poder.
 
											"Despois de consultar os meus conselleiros legais e os meus aliados políticos, e segundo as súas recomendacións, tomei a decisión de dimitir". Así o anunciou nunha intervención televisiva este luns Pervez Musharraf.   
  
  O paso chega na véspera da votación parlamentaria coa que os seus rivais ían forzar, a través da Asemblea Nacional, a súa retirada. O Partido Popular de Paquistán, liderado por Ali Zardari, viúvo da ex primeira ministra Benazir Bhutto, e a Liga Musulmá que lidera o ex- primeiro ministro Nawaz Sharif, acordaron hai pouco máis dunha semana iniciar o proceso para forzar a saída da presidencia de Musharraf, quen accedera ao poder cun golpe de Estado que en 1999 acabou co executivo liderado polo propio Sharif.   
  
  "Deixo o destino da nación nas mans do pobo, que el sexa xuíz e faga xustiza", afirmou de paso que  cualificaba de "falsas" as acusacións dos rivais, desafiando os actuais socios de goberno en Paquistán a presentaren probas e denunciando "intereses persoais" por tras da presión para botalo fóra da presidencia. Ao tempo, Musharraf insinuou que aínda no extremo de ter superado a votación parlamentaria, cousa improbábel dada a correlación de forzas, non terían mellorado as relacións do executivo coa presidencia. "O exército podería terse implicado, e non me gustaría que iso acontecese", agoirou.
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto