 
 
O Estado Maior de Rusia asegurou este venres controlan a totalidade do Mar Negro, e cuestiona a presenza de buques españois e alemáns.
 
											As tropas rusas en Xeorxia están a completar o seu repregamento
Segundo informou o Consello Nacional de Seguridade de Xeorxia, as tropas rusas están a abandonar a cidade de Gori. Reporteiros da canle pública británica, BBC, presentes no lugar, confirmaron este movemento, que tamén se está a producir dende a localidade de Igoeti. 
  O repregamento de Rusia, anunciado esta cuarta feira polo presidente Dmitri Medvedev, contempla o estabelecemento de postos de control nunha zona neutral nos arredores da rexión separatista xeorxiana de Osetia do Sur, lugar cara a onde están a viaxar os soldados e tanques rusos. Tamén se crearán puntos idénticos na fronteira con Abkhazia. 
Por outra banda, Anatoli Nogovitsin, número dous do Estado Maior ruso asegurou este venres que a frota rusa controla a totalidade do Mar Negro. Tamén confirmou que buques militares alemáns e españois entraron xa nas súas augas rumbo a Xeorxia, informan medios locais.   
"Sorprende que se lles encomendase a fragatas e a outros buques de guerra o transporte de cargas humanitarias", sinalou Nogovitsin, que recordou que o conflito xa deu cabo e que é "cuestionábel" a necesidade de que buques da OTAN permanezan no Mar Negro 
  
Advirten de novos ataques de tropas xeorxianas 
O número dous do Estado Maior advertiu ademais de que unidades xeorxianas se están a concentrar na zona céntrica do país e a recuperar a súa capacidade combativa. Desenvolven "misións de exploración e preparativos para accións armadas na zona" fronteiriza con Osetia do Sur.
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto