 
Cunha segunda posición na contra-reloxo deste domingo, o ciclista galego amarrou a camisola amarela do vencedor.
Os 31,2 quilómetros da proba contra o crono disputada este domingo entre Penafiel e Felgueiras serviron para escenificar o triunfo final de David Blanco na proba lusa. Blanco, que corre no Palmeiras Resort Tavira, collera o maillot amarelo na tirada do día anterior, e mantivo con éxito na etapa final a súa vantaxe.   
  
  A tirada dominical foi para Héctor Guerra (Liberty Seguros), quen parou o cronómetro en 43'03''. Atrás del, David Blanco chegaba a meta cun tempo de 43'31''. Xa que logo, o ciclista galego fixo valer a vantaxe de 54'' coa que partía ao inicio da etapa, converténdose no vencedor final da carreira. David Blanco xa gañara a Volta a Portugal na edición 2006.
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto