 
 
Malia a expectación, o presidente mantivo na reunión cos conselleiros o fecho sobre a decisión e convocou unha conferencia de prensa na súa residencia oficial, en Monte Pío.
A primeira xuntanza do Goberno á volta do verán non tivo na axenda o tema estrela co que se chegaba a este xoves. O posíbel adianto das eleccións quedou así fóra do debate, manténdose a expectación arredor da decisión que, de xeito persoal, tomará o presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, presionado desde a dirección do PSOE para poñer a data dos comicios en outono deste ano.   
  
  A Lei reguladora da Xunta e do seu presidente estipula no seu artigo 24 que o máximo mandatario galego, "baixo a súa exclusiva responsabilidade e logo da deliberación do Consello da Xunta, poderá disolver o Parlamento mediante decreto que fixará a data das eleccións".
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto