 
A campaña a prol do dominio propio segue adiante, agora enfocada tamén aos centros galegos no exterior.
A Asociación PuntoGal continúa coa campaña de recollida de sinaturas a prol do dominio para a cultura e a lingua galegas, e que acaba de superar os 9 mil apoios. A convocatoria abriuse en xaneiro de 2007, e segue a medrar.
Ademais das sinaturas, a iniciativa a prol do dominio .gal conta con 75 entidades adheridas, entre asociacións culturais, empresas, colexios profesionais e medios de comunicación, entre outras.
A todas elas hailles que sumar os 20 centros galegos na diáspora que están a apoiar explicitamente a campaña. PuntoGal segue a traballar en conseguir o apoio das asociacións galegas no exterior. A web segue a recoller sinaturas a prol do dominio, dentro da sección 'Apoios individuais'.
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto