 
A sonda lanzada hai catro anos pola Axencia Espacial Europea vai rozar o asteroide 2867 Steins, situado entre as órbitas de Marte e Xúpiter, nun percorrido que achegará datos sobre a formación de planetas no Sistema Solar.
 
											A sonda Rosetta
No momento en que a sonda Rosetta se aproxime ao 2867 Steins, os científicos terán ao seu dispor moitos datos sobre a composición do asteroide, de 4.6 quilómetros de longo e que xira sobre si mesmo en 6 horas.   
Segundo os científicos, o coñecemento dos cometas e asteroides, formados polos restos que quedaron da formación do sistema solar, axudará a comprender mellor o proceso de creación dos planetas e os inicios da vida na Terra.  
A Axencia Espacial Europea tamén informou de que cando alcance o seu obxectivo, a sonda Rosetta terá percorrido uns 6.500 millóns de quilómetros.  
Rosetta xa sobrevoou sobre a Terra dúas veces e sobre Marte outra, para obter a aceleración necesaria para proseguir co seu camiño. A próxima vez que sobrevoe a Terra está estimada para o mes de novembro de 2009.  
FWWWRANDO
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto