 
 
O 'Bahía de Portosanto' levaba cinco días retido en augas do país africano a causa dun expediente aberto aos tripulantes por suposta pesca ilegal.
As autoridades mauritanas liberaron este domingo ao pesqueiro 'Bahía de Portisanto', propiedade dun armador de Marín e cunha parte importante de tripulación galega. O buque levaba cinco días retido por causa dun expediente aberto aos tripulantes por suposta pesca ilegal, que data do pasado mes de maio.
Así o confirmou o Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural e Mariño (MARM), cuxos voceiros explicaron que a liberación produciuse tras a xuntanza desenvolvida de mañá entre o embaixador español  en Mauritania, Alejandro Polanco e o conselleiro do MARM no país, Guillermo Artolachipi, co responsábel da delegación de Pesca deste país.
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto