 
O proxecto propón o traslado a barcos en mar aberto dos seus servidores e centros de datos.
 
											Google continúa a innovar
O proxecto "Computer Navy" baséase no uso de "water-data centres", unha aplicación patentada por Google e que permite que as supercomputadoras instaladas nos barcos reciban enerxía a partir do movemento das ondas do mar e se refrixeren coa mesma auga.
O experimento aforraríalle ademais a Google cartos, posto que ao atoparse os barcos a 11 quilómetros da beira do mar, como mínimo, non terían que pagar os impostos de propiedades dos data-centres, que están por todo o mundo.
E é que o aumento dos data-centres necesarios para cubrir todo caudal de información xerado na web fixo que as compañías informáticas tomen resolucións radicais para reducir costes.
FWWWRANDO
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto