 
O actor e director estadounidense finou este sábado aos 83 anos. Padecía unha enfermidade pulmonar.
 
											Newman coa súa esposa, Joanne Woodward
O actor e director estadounidense Paul Newman finou este sábado aos 83 anos, segundo informou nun comunicado a Fundación Newman's Own, organización filántropa que fundou o propio artista en 1982.
Newman, nacido o 26 de xaneiro de 1925, padecía unha grave enfermidade pulmonar e a mediados do pasado mes de agosto decidiu deixar o hospital onde estaba ingresado para se trasladar á súa casa, coa súa esposa, a actriz Joanne Woodward, e os seus tres fillos. 
Gañou dous premios Óscar, un honorífico, e conseguiu varias nominacións; ademais de traballar en case 60 películas, dirixiu seis longametraxes, e fóra das pantallas impulsou numerosas actividades en beneficio dos máis necesitados.
 
						 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto