 
 
A medida, impulsada por Bush, consiste en investir 700 mil millóns de dólares dos cartos públicos do país para salvar as entidades privadas con problemas.
 
											Nancy Pelosi, voceira dos demócratas
Finalmente, republicanos e demócratas lograron chegar a un acordo sobre as liñas xerais do plan para facer fronte á crise financeira. Aínda así, agardarán a trasladalo ao papel antes de anuncialo oficialmente. "Temos que poñelo por escrito para alcanzar un acordo formalmente", dixo a líder da Cámara Baixa, Nancy Pelosi, ao remate dunha reunión maratoniana no Congreso.
  A medida, impulsada polo presidente Bush, consiste en investir uns 700 mil millóns de dólares (case 480 mil millóns de euros) dos fondos públicos do país. A Cámara Baixa podería votar este domingo o proxecto de lei e o luns, o Senado. A Casa Branca declarouse "compracida" cos progresos realizados e eloxiou o esforzo dos dous partidos.
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto