 
 
O empregado, de orixe estranxeira, estivo máis dun ano pensando que a súa situación no Estado Español era regular.
 
											O dono dun restaurante da localidade coruñesa de Sada foi detido por contar cun estranxeiro en situación irregular no seu establecemento. O empresario comprometérase tempo atrás có empregado a tramitar a súa documentación para regularizar a súa situación legal no Estado.
Segundo informa a Policía, todo comezou cando o empregado solicita ao xefe a súa documentación e o empresario unicamente lle entrega unha Solicitude de Autorización de Residencia e Traballo cun selo da oficina de Correos e asinada por el mesmo.
O traballador comeza a desconfiar da súa situación legal en España, polo que resolve solicitar un informe de vida laboral á Tesourería da Seguridade Social, comprobando que nunca estivera de alta nin afiliado á mesma.
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto