 
 
O sindicato UXT acode a unha manifestación conxunta con CCOO en Vigo.
A directiva das 65 horas é destacada pola UXT-Galicia con motivo da convocatoria de mobilización para esta terza feira. "Se chega a converterse en norma efectiva suporá un claro fomento da individualización das condicións de traballo, o cal significaría diminuír a capacidade de presión que teñen os traballadores a través dos acordos ou convenios colectivos", sinalan desde o sindicato.   
  
  De xeito amplo, a UXT únese ao lema proposto pola Confederación Sindical Internacional, 'Polo traballo decente e contra a directiva de 65 horas', a prol dun reparto máis igualitario dos beneficios dunha globalización que reivindican "máis xusta". O feito de que a metade da forza laboral a nivel planetario gañe menos de dous dólares diarios, de que 12 millóns de persoas traballen en condicións de escravitude e denunciarán a brecha ou de que 200 millóns de rapaces menores de 15 anos se vexan obrigados a traballar no canto de ir á escola, son algúns dos datos salientados pola formación sindical.
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto