 
 
O voceiro parlamentario do BNG valorou positivamente as iniciativas anunciadas polo presidente da Xunta.
"Van na boa dirección", opinou sobre os proxectos presentados Carlos Aymerich, voceiro parlamentario do Bloque, á saída do salón de plenos do Parlamento despois da intervención do presidente da Xunta.   
  
  Aymerich indicou a necesidade facer balanzo do que realizado até o de agora "fuxindo de triunfalismos" e afirmou que no actual contexto, dun debate como este deben poñerse enriba da mesa "medidas, compromisos e accións concretas enfiadas a loitar contra a crise". Na opinión de Aymerich, medidas como as anunciadas servirán para evitar que paguen a crise "os de sempre, traballadores e maioría social". O representante do BNG asegurou ademais que na intervención deste martes, o vicepresidente da Xunta e voceiro nacional do BNG, Anxo Quintana, afondará na proposta de iniciativas.
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto