 
 
Fomento non acelerará as obras de Lavacolla para chegar a tempo das demandas do Xacobeo 2010.
 
											Vista do aeroporto de Lavacolla / Imaxe: AENA
"Están lanzadas, pero son complicadas". Con esa frase se refería este mércores ás actuacións nos aeroportos galegos o director xeral de AENA, Javier Marín. O responsábel da entidade dependente de Fomento respondía así á interpelación de Francisco Jorquera, deputado do BNG, quen pedira explicacións ao goberno español polo déficit de investimentos aeroportuarios en Galiza.   
  
  De xeito concreto, Jorquera referírase á ampliación da terminal de Peinador, a plataforma sur de Alvedro e a nova terminal de Lavacolla. Neste último caso, o nacionalista subliñou a urxencia da súa construción, derivada do crecemento de pasaxeiros da infraestrutura compostelá e do incremento que se espera cara ao Xacobeo 2010. O deputado galego criticou que aínda que para este ano consignáranse 76 millóns de euros para esta fin, os orzamentos do Estado en 2009 contemplan apenas 6 millóns de euros.   
  
  Expuxo ademais Francisco Jorquera o consenso entre os axentes sociais, políticos e económicos, sobre a necesidade da construción desta nova terminal. Das palabras de Javier Marín extráese que malia estar contratada a construción e coa declaración de impacto ambiental xa lista desde hai case medio ano, os prazos de finalización contemplados no proxecto de orzamentos estenden a finalización da obra até 2012. Ao respecto dos investimentos pendentes en Vigo e na Coruña, Jorquera laoiuse de que se estabelezan cantidades "simbólicas" e apenas para as obras dos aparcadoiros.
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto