 
 
En só tres meses perderan case catro mil millóns de euros, burato que tapou o goberno estadounidense. Un congresista demócrata denuncia agora os detalles da festa coa que o celebraron.
Algo máis de 63 mil millóns de euros lles custou aos contribuíntes estadounidenses a decisión da Reserva Federal dos Estados Unidos de incluír no seu plan de rescate a aseguradora AIG, que ameazaba crebar.   
  
  A polémica xurdiu agora no comité de control e reforma gubernamental da Cámara de Representantes, onde o demócrata Henry Waxman achegou probas, fotografías e facturas, da festa coa que os executivos da empresa celebraron o rescate estatal. Os directivos de AIG non repararon en gastos e deixáronse arredor de 325 mil euros cunha semaniña de relaxamento nun hotel californiano con balneario e restaurante de luxo incluído que pasa por ser un dos máis caros daquel país. "Desde a manicura até masaxes, mentres os cidadáns corrían cos gastos", laiábase outro lexislador demócrata. A aseguradora tiña preparadas novas escapadas que foron canceladas fronte á polémica.
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto