 
Comercialízase co lema "Ácheme se for capaz!", e vai destinado á "muller moderna e descolada".
Un fabricante brasileiro de lenzaría, Lindelucy, acaba de presentar unha liña de roupa interior feminina que fai unha aplicación da I+D+i con tintes ben machistas: as bragas, suxeitadores e bodis con GPS. Deste xeito, pódese localizar en calquera momento as usuarias -ou, cando menos, onde deixaron a súa roupa interior.
Esta sorte de "cinto de castidade" do século XXI depende, en calquera caso, da vontade da portadora, que debe accionar un botón vermello para que se active o localizador. Segundo informa ADN, a roupa anúnciase "para a muller moderna e descolada, que está alén do seu tempo, conectada no mundo da tecnoloxía..." e co lema "Ácheme se for capaz!", un "desafío para os homes que están á procura desa muller".
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto