 
Á lista de dicionarios e vocabularios técnicos na nosa lingua, a Universidade de Santiago engade un novo volume consultábel en liña e en galego, inglés, castelán, catalán e vasco.
Pode navegarse xa en internet o Vocabulario Multilingüe de Economía, unha versión preliminar que os seus autores irán completando aos poucos e que convidan a consultar a economistas, profesores, xornalistas, tradutores, redactores, estudantes e todo aquel interesado en perfeccionar o uso de termos técnicos neste ámbito. 
  
  A ferramenta é unha das novidades que nos achegan esta semana no Cartafol dixital da USC. Nace con milleiros de entradas, un total de 4 mil en galego, coas correspondentes equivalencias en cada unha das cinco linguas. Ademais das equivalencias, proporciónase información gramatical e sinónimos documentados como variantes en cada unha das linguas.   
  
  O proxecto conta co apoio do Plan Estatal de I+D+I do Ministerio de Educación e Ciencia 2004-2007, e foi coordinado pola Universitat Pompeu Fabra e a Universidade de Santiago de Compostela. Participaron tamén investigadores da Euskal Herriko Unibertsitatea e da Universiteit Antwerpen.
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto