 
 
Olusegun Obasanjo, presidente de Nixeria, negocia coas partes o cesamento das hostilidades.
 
											Olusegun Obasanjo
O enviado especial de Nacións Unidas para o leste da República Democrática do Congo, Olusegun Obasanjo, reuniuse a última hora deste venres co presidente do país africano, Joseph Kabila.   
  Esta previsto que este sábado o tamén mandatario de Nixeria voase ao leste para conversar co líder rebelde, Laurent Nkunda, co fin de negociar o cesamento de hostilidades entre Exército e guerrilla na rexión de Kivu Norte.
Tamén este venres, o comisario para a Paz e Seguridade da Unión Africana, Ramtane Lamamra, chegou a Kinshasa para tratar con Kabila. Segundo a prensa local, ten previsto reunirse este sábado co presidente de Ruanda, Paul Kagame. O goberno do Congo acusa este último de apoiar os rebeldes.
 
						 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto