 
 
Xa se poden obter xuntos todos os temas que participaron na edición do concurso deste ano, divididos en tres arquivos clasificados por orde alfabética.
Agora que acaba de comezar a súa xira, os 82 temas que participaron en A Polo Ghit 2008 xa están dispoñíbeis para a descarga. Para facilitar a súa manexabilidade, dividíronse en tres partes, ordenadas por orde alfabética dos nomes dos grupos. Calquera dos arquivos Zip contén música para todos os gustos e de todos os estilos, sempre enmarcados dentro do que pretende ser a canción galega do verán.
O primeiro arquivo inclúe 25 temas en formato MP3, dende o de 8bit Crushers até Foso Neurótico. A segunda parte compóñena 28 cancións, de Fran Amil a Néboa. Por último, a terceira está formada por 29 temas, de Novedades Carminha a Zimmer103. Cada un dos arquivos ocupa arredor de 110 megabytes.
 
						 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto