 
Adícase ao deseño web e é a responsábel da creación de sexolugo.com, un portal pornográfico que ofrece información sobre clubs.
A denuncia parte dos nacionalistas de Lugo, que cualifican o feito de "absoluto escándalo". As súas críticas diríxense cara o goberno municipal por facilitar axudas e mesmo local de traballo a unha empresa que está a promocionar a prostitución na cidade.    
   A compañía en cuestión é LugoInternet, creada ao amparo de axudas do Concello de Lugo para emprendedores e que se adica fundamentalmente ao desenvolvemento e deseño de páxinas web. En función destas subvencións está asentada no Viveiro Municipal de Empresas do Centro de Empresas e Innovación (CEI) de Lugo. Segundo denuncia a concelleira do BNG, Paz Abraira, entre as súas actividades ten a creación do portal "sexolugo.com", unha guía por internet de sexo e prostitución. De feito, no portal pódese acceder a un listado de clubs galegos e da provincia, así como a pisos e casas nos que se exerce este oficio, así como información para despedidas, relacionada con travestís ou mesmo perruquerías.    
   O BNG exixe ao goberno municipal dirixido por Xosé López Orozco (PSOE) que tome medidas de xeito inmediato diante desta situación para poñer fin á práctica desta actividade "con cartos públicos e dende instalacións municipais". Ademais, critica que o concellol gastase este ano máis de 100 mil euros en actividades propagandísticas da Concellaría da Muller e non puxera en marcha aínda medida efectiva algunha a prol da igualdade real entre homes e mulleres.
 
						 
						 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto