 
Coa actuación do trío de jazz "Viaje/Voyage", o ciclo dará a coñecer o jazz feito en galego por grupos de Galiza ou ben por galegos que están na cidade.
Cun espazo escénico no centro neurálxico da cidade condal, preto dun percorrido musical jazzístico activo de locais de renome dentro e fora da cidade e cunha escola de jazz na zona, El Taller de Músics, con fama e renome nacional e internacional, o Centro Galego aproveita esta posición estratéxica para potenciar a nosa entidade e a nosa música. 
  
  A programación comeza coa intencionalidade dun concerto mínimo, jamm session, mensual, no segundo sábado de mes, cunha programación activa de setembro a xuño. 
  
  A proposta ten como obxectivo situar o Centro Galego como un espazo referente do jazz en Barcelona, en concreto do jazz feito en galego, e deixar claro que é tan internacional como calquera outra proposta deste estilo musical que se achegan a Catalunya. 
  
   Sábado 29  
   
   19 h | Actuación  
   Inauguración do I Ciclo de Jazz no Centro Galego de Barcelona  
   
   Actuación do trío de jazz "Viaje/Voyage"  
   
   Sergi Sirvent (Barcelona, Catalunya)-Piano  
   Juan Pablo Balcázar (Bogotá, Colombia)-Contrabaixo  
   Dani Domínguez (Galiza)-Batería  
   
   Entrada libre.  
   
   Sala Ferrío  
  Centro Galego de Barcelona  
   Rambla de Caputxíns, 35
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto