 
 
A Axencia Europea de Seguridade Marítima xa contaba con 16 buques anticontaminación nas costas europeas, tres deles no arco atlántico, co novo en Vigo.
O Porto de Vigo será base a comezos de 2009 do primeiro buque anticontaminación que a Axencia Europea de Seguridade Marítima (EMSA) situará en Galiza. Foi anunciado este xoves por Bernd Bluhm, responsábel da área de preparación e resposta anticontaminación da EMSA. Bluhm opinou que os Estados membros da UE non poden por si sós facer fronte a catástrofes como a do Prestige e avogou por "xuntar recursos" de todos os países.   
  
  No mesmo sentido, o director executivo da axencia, Willen de Rutter, repasou as competencias deste órgano europeo e destacou o seu labor na prevención de vertidos e en vixilancia marítima. Recordou por exemplo que a EMSA puxo en funcionamento un sistema de vixilancia das costas por satélite para detectar vertidos e sentinazos mesmo polas noites. 
  
  O buque ten cunha capacidade de 1.500 metros cúbicos de recollida e almacenamento de vertidos, prestacións de alta velocidade e a posibilidade de estar operativo para unha nova carga en dúas horas. Anteriormente, o primeiro buque anticontaminación da UE que chegaba ao Estado Español, fora enviado a Andalucía. O novo barco con base en Vigo, deberá dar cobertura a un área que vai do Porto até Brest. A aínda pendente adaptación tecnolóxica do barco, que custará 3,5 millóns de euros, vaise facer nun estaleiro da ría de Vigo.
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto