 
 
Apenas 30 mil cidadáns máis están chamados a votar o 1 de marzo se comparamos coas cifras de 2005.
 
											Un incremento que chega principalmente polo aumento no Censo de Residentes Ausentes (CERA), que viu disparar os seus números malia que segue pendente a depuración. De feito, e segundo recoñece o propio Ministerio de Exteriores, a cifra de 334 mil electores do CERA podería verse reducida até nun 30%, é dicir, cen mil electores menos, de corrixírense os erros.   
  
  
  Con datos actualizados en novembro, son 2.637.601 de cidadáns chamados ás urnas. Debullando por provincias: 
  -A Coruña: 1.067.815 electores 
  -Pontevedra: 869.927 
  -Lugo: 375.582 
  -Ourense: 324.277 
  
  Serán as oitavas eleccións democráticas en Galiza, e renovaranse así os 75 deputados do Parlamento. O reparto, recordámoslles, deixa por circunscrición provincial o seguinte reparto de escanos:   
  -A Coruña: 24 asentos 
  -Pontevedra: 22 
  -Lugo: 15 
  -Ourense: 14 
  
  O calendario estabelecerá que a campaña electoral comece o día 13 de febreiro. Dez días antes presentaranse formalmente as candidaturas. Á semana seguinte do inicio da campaña quedará xa aberto o prazo para o voto dos emigrantes e o voto por correo estaría aberto até o día 24. O 23 de febreiro poderían publicarse as últimas enquisas co prognóstico de resultados. Entre a última semana de marzo e a primeira de abril sería a sesión constitutiva do novo Parlamento e á volta de Semana Santa comezaría formalmente a nova lexislatura. Entre finais de abril e comezos de maio produciríase a investidura do novo Presidente da Xunta.
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto