 
O colectivo veciñal denuncia "ilegais e masivas" cortas de arborado nesta área protexida.
Até 36 días se tardou en paralizar a tala de árbores no espazo de Monteferro desde o momento en que se presentou a primeira denuncia. Así, durante máis dun mes continuaron uns traballos que levaron por diante centos de árbores, segundo denuncian desde a plataforma Salvemos Monteferro.   
  
  Por este motivo, os veciños piden, e así o fan constar noutra denuncia ante a Garda Civil, que se abra unha investigación que afonde na responsabilidade por estas actuacións. De xeito directo sinalan á Comunidade de Montes, "autora material das cortas". Unha responsabilidade que lle atribúen tamén "aos que as autorizaron", recordando que se vulneraron as normas subsidiarias en vigor para o lugar, favorecendo un "delito" continuado contra o medio ambiente. Quéixanse ao respecto de que non se trate dunha acción illada, xa que é a cuarta denuncia por talas ilegais no mesmo monte. O propio Concello de Nigrán abrira xa na altura de marzo pasado un expediente á Comunidade de Montes pola mesma cuestión.
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto