 
 
Nova quenda en Bélxica para a coalición de cinco partidos: democristiáns e liberais da beira flamenga e democristiáns, socialistas e liberais da beira valoa.
A longa crise política en Bélxica ten desde esta semana unha nova oportunidade de xestión. AS principais formacións políticas acordaron a edición dunha nova coalición gubernamental que estará liderada no cargo de primeiro ministro polo democristián flamengo Herman Van Rompuy. Ex ministro de Finanzas durante a época da entrada ao euro de seu país, a  Rompuy tócalle agora liderar o goberno no medio dunha conxuntura económica e política moi complicada.   
  
  Atrás queda a última crise, aberta arredor do executivo que lideraba Yves Leterme, da mesma corda política que Rompuy, e que deixou o cargo despois das acusacións ao seu gabinete polas presuntas presións a un tribunal de apelacións en contra dos accionistas do macrogrupo banqueiro Fortis, que disputaban a venda de activos da entidade ao xigante francés BNP Paribas. Leterme apenas durou nove meses no cargo.
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto